Logo
GL | ES

Bibliotecas e Fundacións

Dende os seus inicios Santiago foi un foco xerador de cultura. O nacemento da Universidade a finais da Idade Media deu un novo pulo á cidade como centro creador de coñecemento. Boa parte do saber milenario de Compostela permanece hoxe gardado e protexido neses auténticos templos do saber que son as bibliotecas. Lugares nos que se poden atopar desde incunables do século XV ata as obras máis vangardistas da literatura actual.

Se procuras no mapa poderás atopar algunhas das bibliotecas máis destacadas da cidade como a Biblioteca de Galicia, central do sistema galego de bibliotecas; a Biblioteca Xeral da Universidade, que conta con máis de 300.000 volumes nos seus fondos; a de xeografía e historia, a máis bela entre as bibliotecas galegas ou as bibliotecas dos centros socioculturais de Santiago, que funcionan como infraestruturas de proximidade ao servizo da cidadanía e dos barrios.