Logo
GL | ES

Na Memoria

Nesta sección poderás achegarte a algúns recantos que forman parte da memoria literaria de Santiago. Coñeceras lugares, rúas e locais que foron importantes para a construción do acervo cultural da cidade. Edificios onde viviron os creadores e creadoras; editoras que mudaron a historia literaria do país; parladoiros nos que se xuntaron as mentes máis inquedas de Galicia; librarías desaparecidas que fixeron historia e deixaron a súa pegada na urbe ou imprentas que axudaron a materializar a cultura e as palabras. Neste mapa tes á túa disposición todos estes lugares nos que se deposita unha pequena parte da memoria de Compostela.