Logo
GL | ES

Autorxs

Diego Ameixeiras

Asasinato no consello nacional (2010).

Cando empezaba a chover os peregrinos que formigaban polas inmediacións da Catedral facían acopio de plásticos impermeables, que se podían adquirir nos establecementos para turistas (…).

Antón Lopo

Guía de Santiago de Compostela (1993).

(…) a rúa dás Campás de San Xoán parece un porto para dornas. As mesmas campás, colgadas na fachada dunha taberna, poderían anunciar os naufraxios.

Rosalía de Castro

Follas Novas (1880).

Vós que os fixeches de Dios coa axuda,
de inmortal nome, Maestre Mateo:
xa que ahí quedaches homildemente
arrodillado, faláime de eso:

Bernardo de bonaval

Diss'a fremosa en Bonaval assí (Século XIII).

Diss'a fremosa en Bonaval assí:
Ai Deus, u é meu amigo d'aquí,
de Bonaval?

Roberto Vidal Bolaño

Doentes (1997).

No Casino. Un salón enxaezado de ouros rancios e esfiachados veludos. Un fumo sen oropeis debuxa no aire o sorriso dunha morte ao asexo.

Uxío Novoneyra

Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas (1999).

TEIS que cantar na Quintana
que cantar unha cantiga
da tua terra lonxana
unha cantiga antiga

Ramón Otero Pedrayo

As cidades galegas (1951).

O alto outeiro de Bonaval (…) domina o barrio de altas chemineas de pequena burguesa e florece no belo e profundo templo de Santo Domingo...

Marila Aleixandre

Tránsito dos gramáticos (1993).

- Señores -intervén o de Goianes- reine a concordia entre nós. Decidamos se parece ben reunir a toda a Confraría en apoio da Irmandade que se vai constituír de aquí a dous días no Outeiro de Santa Susana. (…)

Teresa Moure

A intervención (2010).

Seica un grupo de tolos entrara varias noites atrás na facultade de Historia. (…) Souberan que os delincuentes non levaran nada de valor nin atentaran contra as instalacións.

Lupe Gómez

Luz e Lupe (2005).

Avísame de que mañá vai haber unha manifestación no Toural, convocada por Nunca Mais, «contra todas as guerras», e paréceme moi ben. Ela vai vir, por suposto. Ela vai vir e berrar.

Salvador García Bodaño

Tempo de Compostela (1979).

ANÓNIMO
(…)
Entrei en Compostella,
fontes na manaa crara,
meu coraçon baixaba
de orar na Cortizela. (…)

Valle Inclán

A Lámpada Marabillosa (1916).

A cidade das cunchas, acendra o seu aroma piadoso como as rosas que nas estancias pechadas exhalan ao murchar a súa máis delicada fragrancia.

Alejandro Pérez Lugin

A Casa da Troya (1915).

A Troya non é a patroa, como te figuras, senón a rúa onde está a casa. Aquí temos unha afección tola á elipse, e cando se trata de nomear calquera vía da cidade abreviamos, (...).

Torrente Ballester

Compostela e o seu Anxo (1948).

(…) Cando o arquitecto Simón Rodríguez concibiuna, o seu ánimo humorístico rebuldaba, e o resultado foi a tomadura de pelo máis arquitectónica que pode concibirse.

Clara Gayo

Epifanías de la Miseria (2016).

- Baixei case rodando as Casas Reais, coas ganas que tiña de véla...
- E onde estaba?
- Na praza que está ao principio da Rúa de San Pedro. (...).

Suso de Toro

Trece badaladas (2002).

Cando vén o temporal, cando o demo sopra forte…, tocan doce, tocan trece, os sinos da catedral. Berenguela, Berenguela, campaniña timbradoira… si lle fallas ao Patrón, heiche de cortar a corda.

Federico García Lorca

Seis poemas Galegos (1935).

DANZA DA LÚA EN SANTIAGO

¡Fita aquel branco galán,olla seu transido corpo!

É a lúa que baila na Quintana dos mortos. (...)

Xosé Luís Méndez Ferrín

No ventre do silencio. (1999).

Os liques e mesmo arbustos que inzan a cantería de San Francisco por certas partes de tan extravagante fachada fálanche do conciliábulo entre a abstracción barroca e a natureza que o come todo, eterna.

Álvaro Cunqueiro

“Compostela I”. Faro de Vigo (1951).

Falando da porta de Mazarelos e do pretiosius Bacus, viños do Ulla e da «Castela» ourensá, que por alí entraban na urbe, Eiroa e eu confesabamos que viños tales melloraban en Compostela (...).

Gabriel García Márquez

“Vendo chover en Galicia”. El País (1983).

Sempre crin, e sígoo crendo, que non hai no mundo unha praza máis bela que a de Siena. A única que me fixo dubidar é a de Santiago de Compostela, polo seu equilibrio e o seu aire xuvenil, (...).

Antón Fraguas

Santiago de Compostela (1976).

(…) As horas que soan sobre a rúa, enviadas pausadamente, para que se conten, desde a fermosa torre da Berenguela, sorprenden promesas de namorados (...)