Logo
GL | ES

Editoras

A historia da cidade é tamén a historia da produción editorial. Sen a existencia das editoras que permitiron que novelas, poemas ou pezas teatrais chegasen aos lectores, non se podería ter construído unha parte importante do presente Galego. Santiago foi escenario dos proxectos máis innovadores como a editorial Nós ou Niké, na década de 1930, e hoxe continúa a ser un dos referentes editoriais da nosa terra. Se decides dar unha volta por este mapa poderás comprobar como continúan a funcionar ao redor dunha vintena de editoriais dos máis variados perfís. Atoparás editoras especializadas en libro galego, musica tradicional, nova creación, poesía, literatura de fantasía, libro portugués, literatura nórdica e anglosaxoa, textos técnicos, materiais educativos, libro infantil e xuvenil...